Montes de Santa Mariña

❝O pobo é quen máis ordena❞

Son montes veciñais en man común os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños.

Os montes veciñais en man común son

Bens indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables,

non estando suxeitos a ningunha contribución de base territorial nin á cota empresarial da Seguridade Social, de acordo co artigo 2.1 da Lei 55/1980.

Para máis información, revisa a lexislación vixente

A propiedade dos montes veciñais en man común, con independencia da súa orixe,

É de natureza privada e colectiva,

correspondendo a súa titularidade dominical e aproveitamento, sen asignación de cotas, ao conxunto dos veciños titulares de unidades económicas, con casa aberta e residencia habitual nas entidades de poboación ás que tradicionalmente estivese adscrito o seu aproveitamento, e que veñan exercendo, segundo os usos e costumes da Comunidade, algunha actividade relacionada con aqueles.

A Comunidade veciñal a que se refire o apartado anterior entenderase composta polos veciños que a integren en cada momento.

Artigos 1, 2, 3 Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Unha comunidade

A Comunidade de Montes Veciñais de Santa Mariña de Covelo, está constituída por todos os veciños comuneiros desta parroquia do concello de Covelo, provincia de Pontevedra.

Constituída por un estatuto

O dereito para ser comuneiro e os seus  aprovechameintos están recollidos nos Estatutos da Comunidade, do mesmo xeito que as obrigacións dos mesmos. Estes Estatutos regulan as normas de funcionamento para a boa marcha da Comunidade.

Compromiso e defensa

A Comunidade de Montes xestiona o aproveitamento deses recursos en favor dos veciños comuneiros e da parroquia de Santa Mariña, defendendo os seus intereses e o seu territorio.

Representación legal

A representación legal da mesma corresponde á Xunta Reitora, elixida en asemblea entre os comuneros cada catro anos.

Qúe son os bens comunais ou procomún?

Obteña máis información

Elinor Ostrom

O goberno dos bens comuns

Os nosos patrocinadores